Pesquisar este blog

domingo, setembro 23, 2012

AMIZADE, ENTRE AMORES, É FALAR DE NOVOS AMORES

Hai polo mundo xente boa e xenerosa!
Hai outra (ben difícil de topar) que non ten adxectivo posíbel que describa súa bondade!
É por estes últimos polos que a vida sempre che arrinca un sorriso.


Egoista son algo
cando miro atrás
e sinto as verbas
escupidas que saían
cheas de amor e rabia
no petroglifo en espiral
que era a túa voz eterna
sen coma nen punto a uns e outros.

Galiza e máis Galiza
dende o Eo-Navia
até os teus Lhioneses
debaixo de cada pedra
e en cada caminho.

Agora trago o que escupín
pra exercer o meu dereito
de retracto nos teus ollos
e respetar cada ápice de saliva
que saía dos teus beizos.
Velaí a maxia da amizade.

Galiza e máis Galiza...

E só quero así que
a túa aperta sexa
eterna,
que o teu amor chegue alá
a onde queira que tenha que viaxar.
Comigo fica unha gran
leira onde un día naceu unha flor
que agora inda separada
do seu fertilizante
seguirá a relocir,
sobrepasando invernos e choivas.
Velaí a maxia da amizade.



2 comentários:

J Cima D Vila disse...

As cousas as veces poden ser máis complicadas do que parecen...

Evinha disse...

Facelas máis ou menos complicadas depende única i exclusivamente de nós!!!