Volvo a ti cidade, a sentarme
Na túa beirarrúa e pisar túas pedras
Pequenas que nunca nos dixeron nada.
Quizáis volva a ti aínda máis
Para levar máis do que tanto nos deches.
Quizáis o sexa todo e quizáis nada.
Sempre tiven en ti e todo en ti o perdín.
Coas túas mozas soñadoras e a beleza da súa mirada
Coas túas neves no Faro e meu corazón disecado.
De tanto agardar sen agardarte
De tanto quererte mentres te esquezo
De tanto perder despois de perdelo todo.
Só, el camiña só pola túa Pontepedriña
E pola túa platerías amada
Coa túa Berenguela sempre eterna.
Para min nunca me quedou nada
Do que conquistei sacrificando o corpo
E tamén moitas aínda alma, en tí sempre cidade.
Nenhum comentário:
Postar um comentário