Pesquisar este blog

sexta-feira, julho 27, 2012

Poema simple para os que anhelan ser revolucionarios




O revolucionario ten ética
Na rúa coa pancarta
No traballo co martelo
Na casa coa muller
No bar cos amigos.
O revolucionario é ético
Ou non o será nunca (revolucionario).

Será simplemente de non tela
Un disfraz presuntuoso e fechado
Baleiro de contidos
Carente de realidade
De metafísica e poder.

O revolucionario é fiel, leal,
Sinceiro ata mancar
O revolucionario ama na casa
Na cociña, na cama, no smoking room.
Non minte, non traizoa, non engaña,
O revolucionario ten ética, é leal.

Nenhum comentário: