Pesquisar este blog

sexta-feira, maio 11, 2012

MEMENT MORI, HOMINEM TE ESSE MEMENTO


"Lá fugimos sem paragem,
Gente junto’à bicharia!
Mas o tránsito nom pára
Porta’adentro’e porta’afora.
Gem’a vida nesta’estrada
Que parece, como’o bairro,
Semelhant’a muitas outras
Que poidamos ir morar
Entre terra'e mais estrelas."
Hector Rodríguez Vidal,   
Viviremos até a morte. 
Blog desmembro 
(15-4-2012)


Aos que non teñen futuro, 
os que non o tiveron, 
aos que perderon todo
e aos que seguen perdidos.

O mañá non importa
só o hoxe, aquí e agora.
Este momento meu
onde podo tecer a cinza
da vella tecedora.

Onde sinto como as cabinchas
queiman esta enorme boca.
O mañá está noite só é história
barata e simple de sinxela
para enganar aos parvos llas belas.

O mañá é un arco da vella
polo que non podes subir
polo que derreten as arelas
onde só há negrura a ir e vir
onde algúns din que na vida eterna
verei de novo o papá
e curarei por fin esta coitadela.

Esterco noite
lanzas sobre a miña cabeza
ao máis profundo e todo de golpe,
prantas lume as herbas
brilantes a esta hora no luar
alá na ribeira onde antes
sentiamos os mouchos bruar.
Pero alguén, inconsciente, de valde
matounos sen piedade
e con eles lembranzas de neno
que non voltarán co seu acento.

Agora... Agora...
eu soio sei que o agora é eterno.

Um comentário:

Evinha disse...

Como dixo nalgunha ocasiom o poeta Daniel Salgado: "Doe a coitelada de nom dar entendido nada, mais menos cá estar num campo de refuxiados".

De atopar o sentido do "agora" deixaremos de estar perdidos no manhá...merece a pena facer o esforço, inda com o duro que poida chegar a ser!