Como se fai a vida
a retorcerse toda unha
contra a outra en fricción.
A pegarse como o lume aos piñeiros
a golpes como a auga
contra leito do rio
cando se abre a presa de Peares.
Como se ri un neno
é o acto da potencia toda
da forza do vento
contra as cumes com'esta
solitárias necesitadas de aixada.
A vida emerxe do roce
dos gallos da forquita
contra a silva
dos golpes de martelo
cara a forxa.
Das notas da gaita
ás orellas do aburrido.
Así quizáis é como a vida
se instala nas coordenadas
do ermo...
A golpes de sede
beizos contra beizos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário