Cando me faga vello e cascarrabias
e os xóvenes comecen a chamarme carroza
ao mofarme da orixinalidade das súas ocorrencias
quizais consiga tostarme ao sol coma un ataráxico
e acepte, por fin, a impepinable verdade
de que ata o máis intrascendente idiota
adoita ter os seus five minutes glory.
Cando ela asome pola fiestra
decídelle que me espere á entrada do portal
pois non son capaz de respetar
nin a hora á que o azar
determinou a miña morte
Ao fin, cando chegue a hora
e baixe as escadas
rumbo ao último suspiro
decídelle aos meus inimigos
que arriba os espero
co doce sorriso dun bufón eterno
e a mesma saca das verdades
das que escapaban en vida
Diego Taboda, 25 Maio 2012.
2 comentários:
Poemas escritos orixinalmente en castelán : Salmo 1, 2 e 3.
http://orumordovento.blogspot.com.es/
Gosto do humor que destila o Salmo.
Postar um comentário