Torres, torres e mais
torres
de hoje e de vai tempo
que mudam de pedras
endurecendo a minha
genealogia, esnaquiçando
a ialma que eu mantinha.
Dos pés
á
cabeza
son unha
TORRE de Babel,
e preciso dilucidala
escribindo no papel.
As palabras voan,
permanecen os recordos.
Eu, de fráxil memoria,
camiño aínda sen esquecer,
levando ás costas gran historia.
Desafiando toda natureza
impoñendo a miña razón.
Quixen lograr entendemento
perdín o acougo: ser do corazón.
Rompín o inseparábel,
persigo agora a reconstrucción.
Non sei se a estas alturas -no chan- terá algunha solución.
Um comentário:
Muito original!
Postar um comentário