Pesquisar este blog

terça-feira, março 25, 2008

Assim Assim

Quem me dera pelo que me entendem....!!!! (em verdade tanto faz) mas quem se importa?


Em verdade poucos se importam

sabem pouco pela História, mais vale a PENA contar

Houve tal vez em que se foram três homens, todos em busca do que queriam.
O primeiro deles; não encontrou o que queria; porém, encontrou o amor.

Por um tempo se inebriou, deliciosamente se inebriou e demoradamente se embreagou com carícias e juras. Não de amor eterno, mas sim de um amor tão irrestrito quanto um cigarro.

O segundo se contentou com um amor eterno que se limitou à barreira do qurer. Melhor dizendo...

Um eterno limítrofe esbarrando na fronteira do humano.

Que por natureza não é eterno.

Então esse esbarrou na existência humana que tem dúvidas se existe ou não.


Já o terceiro... esse o terceiro





fica a cargo do que quiserem

segunda-feira, março 17, 2008

A fé

Tiraron muros cegados de vergonza.
Derrubaron con eles tiranía e misería.
Aboliron esclavitude e presos de guerra
con muñons en alto e conxelados.

Tiraron, Derrubaron, Aboliron.
Ergueron moreas de riqueza
camufladas de negro loito
e privaron delas a maioría das sereas.

Privaron delas e fabricaron verxas,
aramios de espiño, pastores eléctricos
para gando incalculable.

Produciron, gañarón, serviron.
Encerraron moreas de carne
en matadoiros de area e cristal,
pedazos de oxido azul.

Cortaronlle as ás ao paxaro.
Plantaron tortillas e sementaron racimos
en paxaros silentes, en cas de lata repartiron zucre.
Fixeron fermosas xunglas de cristal para manter a fé,
na E.

sexta-feira, março 07, 2008

O fin


A industrilización en Galiza, a agonía dunha forma de ver o mundo, de falar, de sentir, etc. A miúdo aqueles que non sufren a morte lenta das culturas afectadas negativamente pola globalización chámannos burgueses, máis é porque tenhen a sorte de non precisar reivindicar a súa identidade. Defender a pluralidade é ser revolucionario, defender o que somos e sermos ceibes.

sábado, março 01, 2008

Carta a un mariñeiro

Ce n´est qu´un début, continuons le combat
(Isto non é máis que o principio, continuemos o combate)
Graffiti atopado nos muros de París no 68


Meu amor,
O meu corazón é unha revolución roxa dun rebumbio de sentimentos apaixoados comparabeis aos de María Soliña. Ela, foi torturada; eu, sufrín violencia machista.
Tiña medo a voltar confiar nos homes, logo de que aquel bravo compañeiro me azoutase violentamente. Queimeime xogando á herba de namorar.

As mulleres non podemos deixar de aturuxar rebuldeiras e facer que a nosa valía chegue ao fracaso das resentidas. Non son laios, os nosos berros e denuncias son desafinados nunha sociedade patriarcal na partitura onde nos mergullamos as atrevidas. Danzaremos arreo arrolando o millo para que medre. Bicaremos o chan do xacemento ao xeito da nosa teoría axiomática deixando o noso amor pola vida e a nosa valentía como herdanza.

E hai pouco xurdiches ti, meu mariñeiro do Morrazo. Ofrecéchesme a túa man e erguinme para dende agora dar sempre pasos adiante. E aínda que tropece poña miña torpeza habitual, sei que poderei navegar onda ti na proa inzada de intencións. E así deixarei no ronsel as lembranzas avesas e pretéritas que non me incumben.

Camiñemos devagariño até que a escuma das túas ondas caia dentro de min infinitas vegadas. Sairán deste xeito notas agudísimas e ceibes da miña boca no contexto dunha liberdade sexual que aínda hoxe está mal vista para as mulleres. Sons vibrantes de anceios por terte fundido xunto a min.

Estouche ben agradecida de terte coñecido. Graciñas por darme a escala cromática para pintar uns días nos que se non fose por ti serían grises. Non escampa endexamais neste país no que dicimos erroneamente que chove cando ocorre unha desgraza. Accidentes laborais, mortes nas estradas, explotación do proletariado etc. poderían supór a depresión da miña mente politicamente loitadora e queimada se non existise a ilusión de estar onda ti. Contigo, só hai claraboias para quentar os días fríos das noites da negra sombra de soedade que todos sufrimos nalgures. Liberámonos así da angustia de segundos coma séculos escuros manifestando no máis acá o noso amor.
O fado acordará con tino o rexurdir da alborada rosaliana xunto a ti, meu ben.

Como Atenea lle dixo a odiseo no seu periplo polos mares: “Cres que a túa vida empezará cando chegues a Ítaca e non entendes que en realidade a vida é esta viaxe”. Xunto a min, a nosa singradura é unha travesía polos sorríos de Bernardino ateigados de arelas eróticas e de sensibilidade do corazón que non che cabe no peito.

Esta é a nosa loita, a recíproca tenrura e pracer do grande baluarte da nosa relación tan desexada. Este comezo, é como cando fago un límite e tende a infinito. Endexamais puiden amar tanto. Cúbrome de ardentía que brilla na noite estrelecida só de pensalo. Todo é paixón e claridade das augas do cariño que nos dan forza, frescura e ilusión dos fluídos libres que compartimos. Fontes que continúan.
Un bico inmenso, ámate,

Celtia