Pesquisar este blog

quinta-feira, maio 31, 2012

A paso ceibo


Poñamos a andar a primavera
as herbas todas a medrar
entre beiras llo medio do camiño
soñemos que as cirdeiras enroxecen
de amor ou de vergoña verde
oliva revolucionaria e azul celeste.

O camiño que divide Cima de Vila en dúas parróquias,
Santiago de Cangas e San Romao de Acedre.

SALTO DE ALTURA






 
Vai moitos anos pelo día de hoje
partia um braço que seria co tempo
caminho de pedra pelo que pasearÍa.
Marchei enteira e cheguei partida.

Hoje co lombo menos arqueado
e sem espaldeiras nas que exercitar,
creban-me a miúdo as forças perdidas
sem saber da minha marcha nem partida.

Incertidume que se planta en mim
coma aquel braço de nena partido
que me freou máis tarde na barreira
de aquel despois que veu para quedar-se.

E hoje que? Marcharei enteira,
braços e rostos bem erguidos
sem saber a onde caminhar: ao abismo
ou ás praças dos meninhos loiros
que sem saber me ham de consolar.

E hoje pra mim:
Compostela, amor de água tardeira,
ribeira;
Lugo, amor de água ligeira,
muinheira.


Cunqueiro savía bem daquela Cantiga nova que se chama riveira...

31/05/2012, rememorando aqueloutro 31 de Maio no que partira o braço cumha ducia de anos na cesta do salto...

Adicado a'O Garcia do Outeiro, por recordarme que debía escribir.

Escuros e descastados
vergonza dos veciños.

Concibida en tempos mellores.
Noxo dos que me arrodean
dos impuros que asumen os preceptos dos seus amos,
deses cadelos fieis que se deixan maltratar.

Lingua en extinción
modo de vida ultraxado.
Vergonza propia
non é auto-odio senón subnormalidade non declarada.
Crime por omisión, absurda asimilación do foráneo.

Sentídevos responsables de perder toda posibilidade de ser libres.

quarta-feira, maio 30, 2012

QUERO DOURAR-ME CONTIGO




Alecrim, alecrim dourado
Que nasceu no campo
Sem ser semeado.

Alecrim, alecrim aos molhos
Por causa de ti
Choram os meus olhos.


Vento nas xestas em flor
que me abaneas,
fai-me colher a vassoira
e ir de a cabalo dos
mundos mágicos,
dos sonhos doces
feirados de çucre.

Aire que levas contigo
o polen do alecrín
fai que se pouse en min,
que os meus toxos
sejam flor dourada
que me faga relocir. 

Quero que do poço 
Mouro saia a moura 
que me susurre 
silandeira ao ouvido
os versos que estám
por recitar, cantigas
que se ham de cantar.

Orbazai, eu bem sei
que no teu chao a 
grava fai-se pao,
alimenta a primavera
que foxe de min, que
o teu trigo seja flor
que me arrodeie de cor.

Pra escuridá já me
chega a arroutada
desta minha soedá,
senhardá que me 
espanta, carro que 
na Chá nom canta.

segunda-feira, maio 28, 2012

Salmo 1






Cando me faga vello e cascarrabias
e os xóvenes comecen a chamarme carroza
ao mofarme da orixinalidade das súas ocorrencias
quizais consiga tostarme ao sol coma un ataráxico
e acepte, por fin, a impepinable verdade
de que ata o máis intrascendente idiota
adoita ter os seus five minutes glory.

Cando ela asome pola fiestra
decídelle que me espere á entrada do portal
pois non son capaz de respetar
nin a hora á que o azar
determinou a miña morte

Ao fin, cando chegue a hora
e baixe as escadas
rumbo ao último suspiro
decídelle aos meus inimigos
que arriba os espero
co doce sorriso dun bufón eterno
e a mesma saca das verdades
das que escapaban en vida

Diego Taboda, 25 Maio 2012. 






Salmo 2






Por poder, podería
podería mirarte coma se non me cansase escoitarte
e podería escoitarte coma se me interesase

Por poder, claro que podería
podería crer que de verdade cres nas túas verbas
infladas coa vaidosa certeza
do novo rico que se esforza en sentir piedade polos pobres

Por poder, podería
podería responderte que a miña vida flúe
dende que descubrín o ioga, a meditación
e os discos de John Lennon
ou podería responderte que cos anos síntome máis xoven
dende que como máis vexetais
e enamórome moderadamente

Podería, por poder, claro que podería!
podería perforar esa hermética burbulla que constrúes
mantendo a distancia as preguntas sen resposta
e eses malos sentimentos que ti chamas karma

Por poder, podería
podería crerte se non soupese que esta viaxe consiste
en tratar de non enganarse, nin nos gozos nin nas sombras
e podería seguir aquí sentado, escoitándote
tratando de responderme, cos ollos húmidos
se vale a pena recordar
aquel tenro orgullo que nos inspiraba
contra todo o que te convertiches

Diego Taboada, 26 Maio, 2012, 




Salmo 3






Entón aparece
ese outro descoñecido que son
para min, para ti, para ambos
para os outros

Insistes; afánaste en entenderme
entre a perplexidade e o desexo.

Entón, nese mesmo instante
volvo a entender
que incluso no amor
hai que ter coragem
para atreverse a sacar as máscaras

Entón, nese mesmo instante
volvo a entender
a fráxil liña
entre o amor e o medo

Entón, precisamente, nese instante
entendo o motivo profundo
da barbarie na que vivimos

Diego Taboada; 29 de Maio 2012. 



domingo, maio 27, 2012

MAÇA BELISCADA


Nom posso falar
do centeo que hoje
abaneava nos prados
de Orbazai coa caída da tarde,

das alpacas que enfeitarám
as nossas cántigas na foliada
do torreiro de alcatrám,

da esprança que aluma
nos meus olhos no caminho
de volta e o medo que
me bate no coraçom
por deixar-vos atrás...

Tudo isso quixera con vós
agora partilhar, mais a verba
que sae  hoje é maça beliscada
que nom sei que impulso
me levou a engulipar,
a tuda présa, sem pensar...
Delas quero comer a feixes,
agatunhar por aquela árbore
no fondo da Cortinha
coa que medrei e também
sonhei...
O maxim dos sonhos voltou-se
verde leira dunha ribeira
e do seu ribeirám.
E agora que posso falar,
vou simplesmente sonhar...

Poesías parar un círculo

Miro arredor de min mesmo
eu só me lambo e me masturbo
e como e cago e me corro
e soño só sobre min a miña dominación
do eu que combato aquí, dentro.
Está é a verdadeira verdade do poeta
finxidor que se engana a sí própio.
Esta poesía é pra min, de min, sobre min,
mais podería ser de ti sobre ti para ti
que nin tempo has de ter de lela
ocupado só en ti, na túa creación demiurxica
que só a túa cabeza concibe e que ninguén ve,
Máis  tamén eu creo e vivo e soño e durmo
e ronco mentres o roncón enérxico no silenzo
acribilla as balas do fusil biperino que tes por beizos.
Obi wan kenobi sempre estamos in terra aliena
temos que ocupala pra dicir que temos máis uso
para o abuso.
Eu só eu, simplemente ego coma ti
demócrata convencido de tí mesmo
da túa verdade da túa masturbación
do ego te absolvo da vida que nos fixo así.
Eu democrata que teño a razón.
alpha e omega, Xí, un circulo te arrodea.
Quen és ti? Quen eu? Quen aquel
ao que non podes ver e aqueles que sí?
Esto é de min pero podería ser de tí
que non o vas ler nin entenderás apenas
deitado sobre o divan das nosas dominacións.

sábado, maio 26, 2012

LUME DE ESTRELAS


“os teus sonhos de amor abraçados ao desânimo...
Eu irei longe... Minha memória errará nas estrelas
e minha alma será o vento que acarinha plantas,
que acarinha flores sonolentas”.
Alphonsus de Guimaraens Filho



Instantáneas de beloritas
e tantas outras leiras-lerias
que fixerom prender a faisca.
E agora, como velar-se de que
o monte nom arda em labaradas?

Lume de estrelas aló no alto,
paraugas aberto baixo a choiva
que filtrou gotas de agua
no padal dos meus beiços.
Agora ardem in aeternum.

SOPA DE LETRAS


I n t e r m i n á b e l x x
s o p a d e l e t r a s x x
d u n l a d o a o u t r o(x)
d o p a p e l ,x x x x x x
c o m a s e f o s e n x x
a s m i ñ a s m a n s x x
a c a r i ñ a n d o t o d a
a t ú a s u a v e p e l x x

A TORRE


Torres, torres e mais torres
de hoje e de vai tempo
que mudam de pedras
endurecendo a minha
genealogia, esnaquiçando
a ialma que eu mantinha.



Dos     pés                          á                                            cabeza
son      unha                    TORRE                                  de Babel,
e preciso                                                                       dilucidala
escribindo                                                                      no papel.
As palabras                                                                          voan,
permanecen                                                                os recordos.
Eu, de fráxil                                                                    memoria,
camiño aínda                                                             sen esquecer,
levando ás costas                                                        gran historia.

Desafiando                                                               toda natureza
impoñendo                                                                 a miña razón.
Quixen lograr                                                            entendemento
perdín o acougo:                                                     ser do corazón.
Rompín                                                                     o inseparábel,
persigo agora                                                        a reconstrucción.
        Non sei se a estas alturas -no chan-  terá algunha solución.

Camino da noite

Som luz que caminha
entre a brétema lha noite
alumándo-se a sí própia.
Da dor e tristeza a fazer desbroze.

E vou, levando-che minha verba
sobre purgatório lho ceu
para que vejas comigo inferno.

Som, somos, os pobres a andar
as vozes dessamparadas que viajam
benaveiçoados da história que nom nos fala.

Poesía lucense

Benditas incidencias soleadas,
Lugo terra do frío,
primavera lucense intrínseca
variábel de nubes e soles
sempre só eu a mirar...
Eppur si muove
o desexo prendido a unha reixa
encerrando entre telas brincadeiras do río.
Non podemos mirar con sentido,
forceps iracundos presión sobre as feridas.

Hai unha sede inmensa
de viño polas tabernas
carreiras ao redor dunha historia
tan tan vella.
Lugo, en ti mozas roivas,
de caleixóns ao sol.
Eu, quero ir a Lugo também,
mal lle pese a Xosé Terra
para plantar nos meus ollos
os soños da paixón.
Resucitación imposíbel
para este corazón anavallado
por outros corazóns que...
do paso non saíron
e nos perdemos buscando a estrada
de Monforte pola de Chantada.

Palavras se acenden
no maxin en brasas dun vello lume
verbas dun outro río lembrando ao meu.
Lugo onde eu souben
o que é perder, morrer,

Amores incosistentes

No inferno iracundo da ribeira
soñeime ascendendo as túas pernas
co rio despregado no seu leito tal língua.

Entre as fragas asimétricas do Cabe
vin meus beizos arañar sobre o teu ventre
para conquistar o claro enérxico da túa choiva.

Ao seguir agarreime ao para-quedas
lineal e alevoso dos teus brazos,
aterricei na desembocadura da túa fala.

Era viaxe de traballos
alternando sol e sombra
ausencias e abrazos.

Ao espertar impelirme só podían,
neumáticos e ferros, maquinas da ciencia,
non había visceras do paxaro nin trompetas de anxo.


quinta-feira, maio 24, 2012

PARVA PRO SUICIDIO



Prudente eterna Penélope
de conhecidos e nom tanto
á que lhe bate nas tempas
a dor alheia de querer petar
na porta desse amor que
nom se deixou xamais
aconselhar no seu papel
de mai por herdança,
irmá, moça e
o máis grande de todos:
parva!

E como sou parva mais
por riba da parvidade
mulher, nom posso
deixar escorregar os meus
fluidos pelas túas baixadas
e electrocutar-me pra morrer
no cenario en acto de serviço.

Elixo, podendo, trocar
essa avoa envolta em pano
preto e retrotraer-me séculos
atrás aos clásicos, ao suicidio
ciceroniano por motivos legais.
Romanos, pragmaticidade...
Canto melhor me iría...
Quem dixo que ser bo
ao final nos salvaría?
Hostias pra todos, suicidio
magnificado, odiada arrogância.
Dende o amor, por descontado.
Por que nom me parirom na cidade?
Eterna e desesperante volubilidade...

quarta-feira, maio 23, 2012

SOLSTÍCIO


Na beiriña dunha torre
debuxada aló arriba do papel,
os meus sentimentos
toman o sol,
facéndome caer outrora
nun sono mol.


O ano vai chegando
ao seu solstício de verán
e eu, coma todo,
colhendo-o pelos “pelos”.
Acto de consolaçom:
o importante é facelo
sem perguntar-se cando.

As distâncias nom
contam, sim o resultado,
umhavezfeitonommediremos
acordaquefomossoltando,
a eito.

Mais se ao feito em sim
me remito, a ledicia
percorre-me de N a S,
dumha extremid´autra.

E caio na conta de que
hoje podo caer num sonho mol.
E isso é o que conta,
descontando está já a do banco...

segunda-feira, maio 21, 2012

Pécora vida

"Mas se és tu que a procuras,
foguete potentíssimo
impelir-te só pode."
Ricardo Carvalho Calero, Reticencias (1990)



Dessapareço
vou-me
nom me esperes
este lugar nom é meu
a ele eu nom pertenço.

Arramplo com todo
caixas de cartom 
recolho os meus pedaços
de tempo e retorno
o lugar de onde volvo
que ali m'esperam 
os elementos
lha morte minha algum dia
nom eterna com'esta vida.

Nom quero viver
em circulos concénctricos
soio no lineal do tempo cara o inferno.
Soio esperando o que nom chega.



sábado, maio 19, 2012

DE JOGOS E JOGADAS




Só podo enredar ao teu carom
se me ensinas a modelar
a coraça que protexa também
o meu coraçom.
Podemos chamalo alfanova,
como o jogo.

Em igualdade de condicions
podo morder-che um beiço
e ti a min o queixo, doutro
jeito eu estaría tocada.

E ninguém falou aquí de jogar
ao “Fundir a flota”.

SONHOS QUE SE RONCAM


Essa mirada de curuxa
pide a berros que alguém
che fregue o lombo
de arriba abaixo ao
ritmo dos batidos do
teu coraçom -bum, bum-
pra rematar con esse
abatemento que cres
ti que non te mata
acreditando incluso
que te fai máis forte
-BUM, BUM-.
Mais pesa cal lápida
de cemiterio, imposíbel
de erguer polos que
están embaixo dela.
Muito, pesa muito,
espero que nom infinito
-BUUUUUUUM!-

Ao teu carom umha
alma núa e solitária
como a túa que busca
aferrar-se á túa pel
e quer recuperar a
túa mirarda perdida.

Parace que a clave
do teu sentir foi
pela janela envolta
no fume de umha
cabicha que se mestura
coa brétema e caeu aló,
enfrente, no fondo do
río que se albisca.

(Inda que é primavera
nessa noite chovisca,
os carros passam
embaixo atravessando
o corisco que vém do río).

E a alter alma esfuma-se
ao outro lado da porta
pisando devagarinho
ao compás do sonho
dos teus ronquidos.
Leva consigo umha arela:
que a intensidade
sonho-ronquido seja
diretamente proporcional.
Sería esprança sublime:
sol que quece trala treboada.

Vendo durmir sonhei que
durmías e roncavas...

sexta-feira, maio 18, 2012

LIBRETO DE UMHA ÓPERA


INTRO

Deixemos de ser viúvas
da nossa própia carne
e comecemos de novo.
Nunca é tarde pra continuar
o que outros esboçaron bem
e cambiar o que outros
esnaquiçarom.
Também bem, pra que negalo.

Chegou a hora de mudar
á Rosalía que levamos dentro
por María a Balteira,
e renacer assim numha rebuldeira.

ADAGIO VELLO

O sentir dum país
faise evidente na súa construçom.
E o cenário está assim pintado:

uralita que nom falte,
táboas caídas,
remendos a doquier,
ladrilhos e máis tijolos sem recobrir a esgalha,
enredadeiras de humidade nas paredes,
cabres entrelaçados a mantenta,
encarnadas telhas enverdecidas,
silvas por decoración anexa,
manta ilhante á intemperie por descontado,
papeis de jornal com celo por cortinas,
janelas senhoriais de bloco tapiadas,
frouma humedecente por zócalo,
plásticos multicores por improvisados toldos,
grandes portas de postigo descoloridas,
cimento recobrindo pétreas fachadas,
árbores que nacen na lousa dum telhado.
E já no lateral da casa, e pra rematar,
cartaces –en castelán- anunciando
negocios que há já anos botaron o peche.

Tudo um esperpento racionalmente,
um “horror vacui” da natureza que depreda.


VIVACE NOVO

(Nom é belido ou nom
o poema,
é o país, este, o nosso)

Eu nom quero um cadro assim por matria.

Copiemos o verde harmónico das leiras
e das árbores polo vento bem prantadas
–obviando agora os eucaliptos-.
Mudaremos assim o sentir dum país...
...da nossa paisagem encarnada de abandono.

Transmitamos renovaçom,
movemento, aerodinámica...
...vida em definitiva: Re-matria.

Porque o país segue inda existindo,
-até quando?-
ponhamo-lo pois en alça,
reluzamo-lo!
-Quem pois?-
Tudos os ti e tudos os eu juntos.

BERRA ALTO


Rematarom os tempos
de louvanças e alouminhos.
Chegou o momento de
erguerse, berrar, disparar.

Chamádeme ilusa
por confiada, até há nada
-e com tuda a raçom-.

A pseudopaz facia-me
ver umha mar em calma,
soleosa, sossegada,
-só sesgada-.

Agora chegarom já os tempos,
os tempos som chegados:
de erguerse, berrar, disparar.
Ergue-te já, berra alto, dispara!

Porque disparando a pluma
pode ser umha lança
máis ferinte cá que nos manca,
que cadaquen ao seu jeito
assim o asuma. E o consuma.
E non é umha chança,
foi-che a banca!

Ergue-te já, berra alto, dispara!




terça-feira, maio 15, 2012

DAS MAÇÁS VERDE LEIRA





Xestas, xestas e silveiras
enguedelhando os meus cabelos.
Páxaros no seu rechouchío
que ponhem voz ás minhas
verbas mudas.
Castro de janelas abertas
receptivo ás futuras
espranças,
hórreo que custodia
recordos de ladrilho,
alaranxado, coma
os solpores da sega
de telón de fondo
nunha pena sentada;
Lugo,
tamén ao fondo.
Entre medias,
o verde leira polo
que tantas veces
baixei
a
rolos.
E
máis
abaixo
estrada que atravesou
coa concentraçom,
e seguindo no descenso
macira de froitos
exquisitos que tanto
saboreamos e que
agora xa nom está. Secou.
Tronçou-na o vento,
sentiuse abandoada e morreu.
Orbazai, leva-me
a agatunhar de novo
por aquela árbore,
que um anaco de
maçá verde rinche
nos meus dentes
coma naqueles veráns
nos que quentava o sol
e non havía brisa.
Soio comiamos maçás.


domingo, maio 13, 2012

A VIDA


Como se fai a vida
a retorcerse toda unha
contra a outra en fricción.
A pegarse como o lume aos piñeiros
a golpes como a auga
contra leito do rio
cando se abre a presa de Peares.
Como se ri un neno
é o acto da potencia toda
da forza do vento
contra as cumes com'esta
solitárias necesitadas de aixada.
A vida emerxe do roce
dos gallos da forquita
contra a silva
dos golpes de martelo
cara a forxa.
Das notas da gaita
ás orellas do aburrido.
Así quizáis é como a vida
se instala nas coordenadas
do ermo...
A golpes de sede
beizos contra beizos.


sábado, maio 12, 2012

De re varia: Recordos e espranças


Eu quixera ser melrinho
e telo pico encarnado

Pícaro já rebuldeiro
que no alto do banço
quer tapar cum dedo o sol
no mencer dourado,
força explícita a da luz
que alumea de día
e também de noite
coa calor que abafa
nos solpores de verám.

Tra-lo burato, o castelo
e o monte aí ao fondo,
paisagem ou alouminho
inconcluso do pasado.
De re varia: recordos.

Viagens astrais nas
que saimos dos nossos
corpos e deixamos fugir
soia, livre, a ialma pra
calmar a sede do eiquí
e agora que nos mata.

E com o pico encarnado
despois de voar voltarám
ao seu ninho os páxaros,
alimentando suas crias
ao tempo que ensinam
amando seu belido canto.

E aló no alto das ramalhas
o sol seguirá generoso
partilhando con nós
esse mencer dourado
que amemos ou odiemos
nos dá folgos de vida:
esprança das arelas.

sexta-feira, maio 11, 2012

A aqueles



"Em ti caem belotas
em ti bágoas as nuvens
em ti a avença
em ti sempre eu."
Antom Fente Parada,
Santa Cruz de Viana,
 blog desmembro (12-10-2009)



Polo mar a esta hora
arrecenden as algas
no grove, e os universtarios
lonxe das súas praias soñan.

Ao golpe dun relámpago
esqueceranse delas
cando o viño da bota emigre
a un outro lugar cheo de vilis.

Polo mar, lonxano de min,
amado dos irmaos meus daquí
desta terra pequeniña que dá
sen pedir nada en troques
fartura de poesía
a un mundo cargado de invernía.

Bailan esta noite sen nós
cabalos ceibos que trepan
a sensibilidade dunha dama en alcol.
E a curuxa pronfundo berra
sen que a escoiten corazóns 
en pena.

Ergo noite se prepara para dar paso
as floridas voces que anuncian primavera.
ansias, paixon, coutas desamores.