Pesquisar este blog

terça-feira, agosto 25, 2009

Contigo amar, nosoutros, xuntos




Sempre, co estigma dunha idea brillando na escuridade morna do solpor.
Mírame, confúndeme, son raigame do teu alento, sentencio o porvir a mesturarse cun fado.

Tomo as formas, contigo amar, no deserto, pasando indemne coa luz dun noutrora que virá, que virá de nós sentir, querer coa forza de nosoutros, xuntos.

Alberte Momán

sexta-feira, agosto 07, 2009

Egolatrías II

Unixénito:
Berras nas inguas miñas un tócame
Nunca fuxín de ti, luxuria doce.
Pérfida dor de libélulas tinxidas de negro nácar.
Preciso unha saída, unha amputación
á Salvaxe burla dos anxos calados
Eu: dacriocistectomía.

Pancreática dor dos convencionalismo firmes
Nunca etéreos como o meu maxín de ida e volta.
Escribín unha poética da dor
para marcar o camiño da miña redención.

....