Pesquisar este blog

quarta-feira, novembro 28, 2012

CICHAR BÁGOAS E LEITE


Reter as bágoas
cando escasea o tempo é
instinto de supervivencia.

Deixalas correr
naqueles momentos idos,
derroche de amor.

Noutra orde de argumentos
entendo e secundo
que os gandeiros
cichen ao ar seu leite.




segunda-feira, novembro 26, 2012

Esperar

*Orixinalmente publicado en Crónicas da Marxinalidade
.
Vino el poderoso a apagarnos con su fuerte soplido, 
pero nuestra luz se creció en otras luces. 
Sueña el rico con apagar la luz primera. 
Es inútil, hay ya muchas luces y todas son primeras.
Manifesto Zapatista




Belem, Lisboa.


Amor a noite tece
Tece corvos negros…

Ti traes ao moucho branco
Llo raposo, llo sol da maña de verao.

Polas correntes do río ven o canto teu
E no chiflo do tren o anceio de volver.

A facer nun beizo o inferno llo ceo.
Amor, non teño medo do lobo

Nin da escuridade que entre os piñeirais
Se tende aínda máis profunda e seria

Que aínda que a vida me deixou orfo
Acendeuse en min o facho da esperanza

E o lume da diáspora consume as horas que faltan
Para tanguer campas de gloria nunha alba

Onde os paxaros despertan á cidade
E traen para ela o ruído todo da aldea.

Amor, amar na noite na que vivimos
Para prendela alborada…

Non te preocupes amor, deixaos,
Deixa que os cabalos pasan

La luz será mañana para los más.

No arrabaldo do amencer



*Orixinalmente postado en Crónicas da Marxinalidade.
"O tempo cheira a estación ferroviaria 
no arrabaldo do amencer,
cando os trens agallopan xemendo
por túneles de noite
e brilan luces misteriosas
nos bosques profundos"
Celso Emilio Ferreiro, 
Mentres imos andando
(Longa noite de pedra)

Vai pasando o tempo
pero eu máis tolo
do que non fun sempre cordo
sigo sendo o mesmo
e na voz dos montes
e na costa de Cima de Vila
desde o moredo
son incapaz de non seguir non soñando
que me converto nun super-guerreiro.
E de miralas follas das cepas
da viña dos da Oseira
e non falar con ela coma se foran seres
dotados de alma, de fala, de mirada...
Mentres de min rí algún vello
que por alí pasaba.
Vai pasando o tempo...
O meu corpo vai vello
mentres segue pechado en min
o que un día fun, cando era neno.

Nada é nada


*Orixinalmente postado en Crónicas da Marxinalidade


Por veces o tempo vai tecendo palabras que non quero oir.
Son coma un maceteiro de prantas cautivas dunha terra ceibe
traída de por baixo dos carballos abonados de follas secas
criadas tal ovellas da branca lá rapada na cautividade da aldea,
liberada sempre, nunca cautiva que o poder alí non chega.
Só cartas do censo, da diputación, do concello, de facenda...
E eu non quero escoitar esas cousas escritas nun papel branco
onde o tempo foi deixando o vestixio do que somos xa e nunca seremos
mais que para os números dun teclado e as súas letras no prato
de sopa dalgún ser que non humano probablemente chamado
dun nome de caste e clase, de estado, satisfeito: Funcionario.
E dicía un tal Gutxi alá en Chantada que moitos seres pouco humanos.
E fun aprendendo que mentres imos andando o tempo chega
para quedarse e dicírmonos que vivimos sós e facemolo alienados
que imos indo camiño do campo santo onde a herba medra
transitando desertos, matándonos, alimentando paixóns e miserias.

domingo, novembro 25, 2012

LINGUAGENS

Aos filósofos que soio sintem,
sem codificar.
Porque deles é o exterior da caverna
(escura).

Linguagens pra expressarmo-nos,
a través delas.
Linguagens para nós sentir,
sentir que inda somos.
Linguagens para complicarmo-nos
e tentar pechar ocos escuros.

Linguagens pra tantas cousas
que a pesares de ter ouvidos
e corpo -patoso- que se move
preciso partitura e língua
pra saborear, negado doutro jeito,
o que sinto mentras descodifico.
 
Preciso vela-lo baixo linguagens
mentras nom chegue
á desnudez da ialma.
Daquela seremos artistas. Ou ciganas.



quinta-feira, novembro 22, 2012

POEMA PARVO, PORÉM O MAIS ESPERADO


Mulher
afortunada com os mil trabalhos
que nom fam umha soldada,
afortunada de terte tido da mao,
afortunada de terte no bico da fala,
afortunada de querer facer,
afortunada de facer,
afortunada da minha cidade encintada,
afortunada de, no meu fogar, ser afortunada.
Mulher alunarada


N.B.: Poema parvo, sim, o máis esperado dende o magosto no que me erguím do sofá.


Á RAJEIRA



O Cádavo, 21 de Nov. de 2012
 



Inda coas extremidades
esnaquiçadas,
alho esmagado no morteiro,
posso sentir-me ave em voo
no alto da Baqueriça,
planeando pastos verdes
enriba dos cales
as belidas vacas marelas
som gesto da tranquilidade
á rajeira do sol de novembro
a mediodia.
E contagiam.

terça-feira, novembro 20, 2012

Á beira do tejo...

Á-MAR

Ámote
Coma o demo do inferno
Que atiza pitelos na cociña de ferro
Mais sen ser económica.
Ámote con derroche, lume novo,
Que arde desde  o caer do día
Ata o saír do sol.

Ámote
E a beira do Tejo
Un barco cruza entre dúas pilastras
Por nós o ver bailando a John Lennon.
O vento zoupa nel e a nós nos deixa,
Tranquilos, soprando as velas.
Atardecer dourado.  Pastel de belem.

quinta-feira, novembro 15, 2012

CIRCE OU O PRACER DO AZUL (GOTAS II)


Na revisom do mito numha volta de género,
Circe arelava conhecer á prudente Penélope
mais lá das misivas intercambiadas.

Arelava entender o seu cerval medo,
ajudarlhe a sandar a coita própia e alheia:
a do amor.

(Circe) A renuncia tinha que ser acto livre,
nom fugida ou mutilaçom.

(Penélope) Arredar-se era amputar um membro
antes de que chegasse a cangrena.

Desleixavam assim aranheiras
que enturbavam seu sentimento: Amar.



N.B.: Entenderase melhor despois de ter lido "Circe ou o pracer do azul", umha revisom ao clásico mito da prudente Penélope e da malvada Circe, alçando assim a bandeira da liberdade, a das mulheres.

N.B. 2: "...Ulises, tes que me prometer que a túa estadía en Eea foi algo máis que unha parada na túa singradura. Se o home que chegou a min non foi o mesmo que abandonou Ítaca, tampouco o home que parta das miñas beiras pode ser o mesmo que chegou a estas praias pedindo refuxio. Tí cambiáchesme moito, nobre laertiada, tampouco eu son a mesma deusa chea de xenreira que te recibiu. Faime sentir que tamén ti mudaches pola miña compaña, que no teu xeito de ver o mundo se pode agora seguir o rastro da miña ollada... Así falou Circe, a da voz dourada, e os ollos de Ulises enchíanse de bagoas ao escoitala..."

GOTAS

 
Quando caem gotas sem que haja choiva,
aparece despois umha tasca na que resgardar
o que nom se quer contar... Canta-se.

Nom se perdem as espranças
de que essas em flor agromem
quando algo cheguem a ser
ou quando deixem de selo.

Regadeira continua na sequía das noites
pra molhar a palavra nos acordes da harmonía.

quarta-feira, novembro 14, 2012

NACIONALIDADES I


Ficara sorprendido
cando ao pronunciar
"de Eritrea"
umha estrangeira respostara:
capital Asmara!

No papel do mantel
debuxavamos
o Corno de África el,
a Galiza that is not Spain eu
traçando bem grossos
os límites daquela carta
improvisada
mentras o convencia
de que esses soio existiam no papel,
nunca entre pessoas.

Catalana?- sorriu entre o rosário
que formavam seus dentes.

Nom, galega- respondím de dentes entre
o rosário da nossa penitencia.

NACIONALIDADES II


As vezes quixer
ser nada no Corno de África
pra levar esse sorriso
permanente,
gesto da tranquilidade
na pobreça que eu carreto.

Outras sinto enveja
das catalanas
e quijera ser essa
á que ti, a bo seguro,
lhe falas mítica e mimiticamente.

Mais son galega
e do meu corpo
na soidade, minhota.
E também me vale!

domingo, novembro 11, 2012

AMENCER EM NOVEMBRO







Nom se espreguiça a cidade
porque inda nom espertou.
O rubiám de manhá
fai de horiçonte mural na pedra da muralha,
reflejo
de cartaz vermelho anunciando greve geral.

Já mais fóra do cinto empedrado,
caminho de Orbazai,
a brétema bebe a arrincadeira
no caudal do Minho
deixando asomar a claridade do día
ás margens.

Disiparám os remuinhos do vento
esta nebulosa
pra deixar também um dia
a mátria livre de escravos.

domingo, novembro 04, 2012



Espelha-se na alma
o teu riso
e a felicidade
fai cógegas
na hormona do amor.

Porém tenho medo dos cavalos.
Desses córceles pretos
desses mouros medos
dessa obscuridade que se alimenta de verde.
De coraçom
                   de vida
                               de soidade.

Percorren a miña pel
as palavras que susurras
no cerne da minha caluga
e mistura-se o mel com o fel.
Lua de mel,
                 um touro selvagem
                                            ouvea-lhe a umha lua de papel.


Sabe-me a vida,
sabe-me a alma,
sabe-me o riso,
sabem-me as cógegas
sabe-me a lua que baila quando és ti;
quando os indómitos cavalos
se afastam entre a névoa
e os touros verdes mexem-se
calados.

Se o amor é um lobo quero ir no seu lombo
enquanto recorro as tuas pernas
e a electricidade invade o teu cérebro
com os movimentos da minha língua.

Nos bosque os cavalos calam,
aguardando o seu momento
... nunca nos atoparám porque há cadeias que nunca se rompem.

Nom todo está perdido

Los que le cierran el camino a la revolución pacífica, le habren al mismo tiempo el camino a la revolución violenta. Comandante Hugo Chávez Frías.

Somos os filhos dos grevistas,
os filhos dos represaliados,
os perpétuos exiliados
os filhos de Los nadie
que cuestan menos que la bala que los mata
somos os que falamos dialectos,
os que geneticamente temos menos intelecto.

Somos um experimento de Spencer e Darwin
seremos sempre princípio e fim para a humanidade
somos Carvalho Calero, Mia Couto, Chomsky,
Saramago, Fidel Castro, Arafatat, Chávaz, Khadaffi,
zapatistas, curdos, bascos, chechenos ou galegos,
somos os que nada tenhem a perder
e todo por ganhar.

Somos Pepetela, Castelao, Marx, Nelson Mandela,
Zeca Afonso, Lenine, Arafat, Otegui, Zapata,
Luther King, Outeiro Pedraio, os que nunca se rendem;
somos Cabral, Castelao, Nin, Samora, 
Beiras, Trotsky, Rosa Luxemburgo, A Pasionaria,
Marcos, Chávez, Ho Chi Ming, Xanana,
Gandhi, Allende, Gramsci, Che Guevara,
Vilar Ponte, O Piloto, Suárez Picalho, Ferrín ou Rosalia

Somos história em movimento
somos nós, A CLASSE,
somos nós:
o proletariado em marcha.




sexta-feira, novembro 02, 2012

DEFUNTOS EN SAN MAMEDE DOS ANXOS



"Brétema",
"raiola",
"ficará",
"xustiza",
"néboa"
"irmáns"
"fraternidade"
"graneiro"

As súas verbas eran poesía
sen talvez eles sabéreno!

Era a celebración de defuntos
en San Mamede,
onde dende a distancia
deste outro lado do río
todos eran agora Anxos
no recordo dos días xoves.

As súas verbas eran poesía
sen talvez eles sabéreno!






Crónicas da marxinalidade: Xeada de amor

Crónicas da marxinalidade: Xeada de amor: A-MAR  porque ela sabe do que eu falo en línguas extrañas e lonxanas na língua dos días solitarios neste presidio. "A espera dun...

quinta-feira, novembro 01, 2012

MAGOSTO INAUGURAL DUN ONTE A UN HOXE

A lúa e a praza,
a praza e a lúa.
Caminhando
pela rúa
levo o arrecendo
a castanhas
na punta dos dedos
coma se derramase
agora mesmo a
esencia de bote
pequeno no que
adoitan vir os
perfumes caros.

Na cidade da pedra
vínhanlle aos miolos
recordos
de dia festeiro
na cidade do ouro.