Pesquisar este blog

terça-feira, junho 26, 2012

LAGARTIXA AO SOL

"Me pegunto cuánto ha cambiado el mundo. Mucho ha cambiado sin duda. Esta mujer está sola. Vive sola. Actúa como un alto dignatario que sólo se sirve a sí mismo. Vino a echarse en la hamaca cerca de mis ramas. Estira su cuerpo y piensa. Goza de tiempo para pensar. Para estar así, sin hacer nada, pensando", Gioconda Belli, La mujer habitada.

Lagartixa ao sol no tempo do lagarto.




DE SOLES E SOLSTÍCIOS EM ELX

"Aquí o árbol que vai prarriba adórano",
minha mai dixit.


O solstício queima na pel
de manhá por noite,
eu ponho-me embaixo.

De edificios as torres,
agradam menos á vista
cá vela que ondea em
S. Vicente, marinheira
loira comendo espinacas
cal pipa fumegante de
Popeye o marino.

En terra alheia,
os aspersores reverdecem
ialmas secas, herba
quasi artificial, porém
verde ao fim, cal
fita que rodeia o
vestido do festiclown,
esse si que é belido.

sábado, junho 23, 2012

CATA DO SOLSTÍCIO DE VRAO

E cando este brebagem
baixe pelas nossas gorjas
quedaremos livres
dos males da nossa ialma
e de tudo embruxamento

Ardem as cidades velhas
e os corda que um dia forom
músculo palpante de verao
coa chegada do solstício.

Quiçais chegue o día do
lume extinto no que o ave fénix
renaça das súas cinsas.

Acendería again o facho
que faga alumear umha
cidade nova sob cementos
da velha que foi e mudou.
Quem di urbes di humanos,
que po caso som quem as habita.

Quem catara nessse soltstício pra
sentir escorregar gorxa abaixo
o lume purificador que fai
gorgolejar a tolemia, a vida.


quinta-feira, junho 21, 2012

SOLSTÍCIO DE VRAO


O sorriso da paz desprendida
arrinca das tebras habitadas,
amor eterno que acode nas
apertas que rodeiam sem cercar.

Nom posso ser quem nom sou,
mais sonhando-me na lumieira
que acende vossos olhos,
deito-me, durmo e descanso
mecida em batuxo de Caronte
na lagoa,
que me esperta na beira
dum outro novo día:
no de hoje, solstício de verám.

Ojalá o vrao fosse acto da potência.
Os paxaros cantariam doutro jeito,
os toxos em flor nom espinhariam.

segunda-feira, junho 18, 2012

Salmo 4




Baixen voçes a velo cos seus ollos
abandonen os seus palacios de porcelana
e observen a miseria que emana
do po da terra.

Baixen voçes a sentilo coa súa pel
incendien as súas grandes propiedades
e observen cómo entre o fume
nace un mundo novo
gritando de dor entre as cinzas.

Baixen voçes dos seus pedestais
soltando lastre
ao seu vacuo narcisismo.

Cando menos o esperen
estarán saloucando de pena en silencio
rumiando unha soedade absurda
entre a pel de mulleres
que só son corpo
e os ocos afagos de amigos
que só son máscara.

Baixen, dunha vez, do reino das superficies
arranquen a anacos a pel
da medoñenta ilusao
que constrúen sobre a vida
e sobre voçes mesmos.

Diego Taboada; 2 Xuño 2012.









sábado, junho 16, 2012

PARTE MÉDICO/ALFABETO




Pronóstico:

Nado sempre a contracorrente
-betalfa que vai de tras pa diante-
e a meias tintas, sempre no meio.
Comecei no X
pra rematar no M.

Diagnóstico:

Da Xenialidade das teclas,
apertadas;
ao Mal q pica,
salgado.

Tratamento:

Desintoxicaçom,
que ao final as veas vam nas letras 
-do alfabeto-.


sexta-feira, junho 15, 2012

Salmo 5




Non abrazo a nostalxia
coma se ésta fose o bálsamo
para un presente pútrido e doloroso


Incluso camiñar entre cristais e escombros
require a imaxinación suficiente
para afrontar o adverso
dende o impertinente desexo
de seguir vivindo

Dende o máis acá, oh, eu terra
invoco a túa materia, imperecedeira e móvil
como a célula nai das palabras
que emanan do meu corpo

Diego Taboada, 15 Xuño 2012.






 
 
 


“A dor abouxa aos intervalos”
X.X.X.

Adiei esboçar espranças
nos cadrados da morte
por soporte moderniçado,
mais o sentemento
fica inda hoje intacto.
Ensarilhada en dar
afouteça alheia,
a própia ficou
eternamente plantada
em maceta de cemiterio.
Flor atrapada no frontispício
da lápida.

“Non ten volta de folla
ti que tanto gostabas de estar quedo,
xa estás quediño e soio sin remedio,
inmobre coma un bichiño calisquera,
esquecido dos homes nun burato.

Ti que tanta xenreira lle tiñas aos bruidos,
xa tes contigo o silenzo cóncavo
dos abismos e das terras virxes”.
Celso Emilio,
Palabras a un morto.




Eterno cadaleito vivinte
esse meu rosto sem
expressom,
erguido nos velorios
recolhendo sempre
bágoas alheias
que nom me escorregam
-por fóra-.

Muro de casa de pedra
que encerreva o meu bater
preto infindo,
protexíame dos loitos.

No colchóm do padrinho
durmira
inda case co seu coraçom
latente entre as sabas,
perto el tapado com
manta de cristal
e traxe de pino, no comedor.

Num Maio, naquela primavera
do Caminho de Santiago,
com bexigas nos pés e na ialma.


ARELAS QUE VENHEM E VAM



“Tudo canto fica em pé é
já só ruina
O tempo um acordeom cos pregos sempre equidistantes
coma os sucos das leiras onde jacem
fitos
os escombros”
XXX, o poeta das tres xis.

Versos abortados nantrontem
adiados por autocensura,
herba amontoada pra lameiro
que arrecendía algo assim:

Semelhante incertidume
no tal horiçonte e no ego
-outrora maio florido
tam cheio de falâcias-
tam, tam, desintegrado
no universo, cal átomo
no                    baleiro
que a desintegraçom
absoluta
sería a perfeçom
que nom acode ao
sangue que corre
pelas veas.
Promesa de parabeniçar
calquer cadaleito
que por fim descansasse
crebadas as cadeias,
sem máis ataduras
có rosário que cruçasse
súas mans.


Revolvo-me agora
nas verbas querendo
erguelas do sartego
na busca de candea
que prenda um gorgolejo.
Apelando ver-lhe as
brânquias á morte,
desejei após colher
fólegos o desiquilibrio
da torre em pé: 
Arelas que venhem e vam...

Em días obnubilados
nom há como enterrar
pra sonhar coa vida.


quarta-feira, junho 13, 2012

DUMHA JANELA AUTRA

Erguím a persiana
esa fin de semana
e esbocei um sorriso
coa certeça de que
madrugara máis
eu nesse outro día.

Sobrou tempo pra que
chegara a indelével nova,
mais eu, foliada de por
meio nessa xeira esperada
em Orbazai, confiei en
que numhos días estarías
de volta no fogar.

Agora, a volta foi ida eterna.
Marchaches e as janelas
han-me de parecer máis grises
cá pedra canteada dos marcos.
Nom serám já túas mans
quem as volte abrir embora.

-Sit terra tibi levis-


terça-feira, junho 12, 2012

MULHERES DE CONTINENTE






Tantos anos arrastrando
maleta
e agora que se supóm
que iría pelo ar
quero arrastrar-me.
Serpe que nom sabe o que quer!

Esboçarei espranças futuras
com Roma-Santa?
O Home-Santo ganha a partida,
convívio gravado a ferro na pel.

A Patagonia, As Açores,
O Caribe, Orbaçai...
O mundo na mao.

Somos bóla do mundo
na nossa man que voa.
Temos o poder, somos
mulheres de continente
e contido: vós, eu: nós.



KM CERO


“Kilómetro Cero,
respira en el centro de la ciudad
el alma que se pierde al escapar.
Kilómetro Cero,
comienzo de los días que han de venir,
la lluvia que se derrama por ti”.


Tartaruga das máis reçagadas,
quixem eu ser meiga que voa
da cabalo do rabo da basoira.
Voei no instante, sonhei,
e espanquei contra o chan,
gata á janeira destripada
por essa pedra lançada
ao río que me rebotou:
plenum de injecçom.

Kilómetro cero, donicela
ou lebre, astutas da veemência,
cortina de fume na noite
agora de água, chuvia que
se derrama por ti...

E dos días que ham de vir
elefanta memoriosa, gotas
ilusorias agora aqueles beijos,
gravadas a ferro na pel que
mais doe, a do recordo no
epicentro: Kilómentro cero.





segunda-feira, junho 11, 2012

Algún día entenderasme
saberás quen son e porqué
parei aquí neste peirao
de praias de area para o cemento
e augas turbias inapropiadas á meseta.
Saberás quen fun porque serás tí
beberás a mesma pócema amarga
que eu mesmo nas fontes da herbicida
bebín.
Lembrarasme sen saber xa que existo
sen saber quen son eu xa na túa memoria.
Porque está tecido o ego
polos telares do esquecemento,
porque pao en cabeza allea
non é pao que se entenda.
E non, non falo para hoxe
falo para os que serán
sen saber que foron.
Aló onde as cóbregas arrastran
nun asfalto que semella moderno
máis do que aquí tapa os baches;
Hai unha verdade universal, aeterna,
Só coñecida polas máis dianteiros.
Onde as verdades se miden polas línguas
a falar dos ollos máis belos, da pel máis tensa
e os ignorantes non son ilustrados
e os grandes non son humildes.
Aló hai unha verdade xigante
que nin os alfareiros de Gundivós
moldear souberon.
Aló que todos saben onde é 
que todos soñaron por onde se ía
que ninguén quer marchar da súa tutela
sobre as asfalto as cóbregas enchidas
se asoballan a sí mesmas.

MALPICA


Teclas brancas e negras
que noutro tempo eram só
semitonos clásicos em
ton menor. Decadência.

A magia da transformaçom
da materia cambia o
estado da intérprete,
que relouca acompasada
coma tolo libre de cadeias.

Podo beber o mar dende
a janela, o seu susurrar
ouvir dende a cama.
Ondas rompentes na beira.

Embaixo,
acordeom que vém e vai
á minha mam dreita.
Ondas do fole.

Ao fondo as Sisargas,
co faro erguido que baila
dando voltas infinitas,
roncón da gaita
quasi vertical, luceiro
que alumea noite e día
co seu som sem igual.

Malpica, onde nom
há oco tras a mariscada.
O burato é festa,
a soidade temida, foliada.


Malpica, 10/06/2012.

NO PÁRAMO



Maquinaria, tractores
que brúam tapando
a tristeça que paseio
na carbalheira bulideira.

Páramo da verde feira,
que um desses canteiros
labre a pedra que me pesa
alá no fondo, dentro da
nom feira que quero trousar.

Tras acompassar as mans
ao som do vento
que repenica no aro,
abre-pecha o fole,
sube-baixa a mao dreita,
embalsamo a coitadela
que levo coas orelhas
agradecidas dos sabios
que miram atentos
revivindo a súa primavera
negada aló nos páramos
do Páramo.


09/06/2012, de volta da Feira de Primavera do Páramo.


domingo, junho 10, 2012

FAME




A única fame que nunca
passei foi a do coraçom.
Tuda a vida piando polo
pao untado em doce
que nunca saciava
e agora descubro que
há fames máis negras.
E a do estómago baleiro
nom o era nada pouco.

Marcharom os carros
que traiam alimento
e os seus guias, já
lá riba no firmamento.
Xalundes...

Agora, hoje, as estrelas
que traiam doçura coa
chuva nocturna da praça
desligam entendementos
en acto de lealdade alheia
porventura, nom sei eu,
se calhar contra da própia.

O único que abofé ganho de
estar tuda baleira por dentro,
sem rancores, culpas ou odios
só por amor, para calquer ti,
é que modelo lentes mágicas
a medida do que quero.
Já quixeram outros...

E co passo dos anos, sim, e
co estómago decote cheio,
o que máis quero encher
é aquel outro baldeirao baleiro.

sexta-feira, junho 08, 2012

De moras e moradas



Caracteres,
incluídos os espazos,
un ao lado do outro
-ben xuntiños-
puntos calcetados
dunha manta,
que nos agochaba
no sofá, ben quentiños.

- Aliméntome de sopa tentando quitar a friaxe -

Bate forte
o meu corazón
que as miñas
pálpebras non,
deixo caer bágoas
a cachón
mais non atopo
liberación.

- É unha pescada que se morde a cola -

Pola comisura
dos beizos
absorbo
a miña auga con sal,
e dende
que a volto tragar
xa estou
no mesmo silveiral.

- Podería alimentarme de moras -

De moras e moradas,
a do corazón
é a dos amigos,
sabes que podes
voltar sen de-mora,
pois es ti un ser
dos moi ben queridos.

- Tamén os recordos moran (alimentan) no noso corazón –


Quiasmo enfrontado


Estou no fondo,
no máis profundo,
saio á superficie
sen quen me acariñe!

                                               Non teño e non quero,
                                               quero e tamén teño,
                                               quiasmo enfrontado
                                               cousas do que foi amado!
                                              
                                                                                              Suspiro... Foi, é ou será,
                                                                                              non sei nada do que virá,
                                                                                              nin sequera sei do pasado!
                                                                                              Delicioso café, pero                                                                                                                                              cortado!

O ser é onte-o-lóxico



Tanto ten
o acontecemento
que conte,
no papel atopareino
de remate ilóxico,
todo me parece
tan lóxico-onte:
o ser é Onte-o-lóxico.

Ese “todo” de onte,
que ben podería
ser mañá ou nantronte,
non debería importar
cando o conte.
Só que hai días
que pesan
cal mastodonte.



Aperta que aperta


“Que as bágoas sejam fume...”

Que a pena partilhada
tem forma de aperta sabemos.
Com o debuxo que facemos dela
seguimos buscando nossos caminhos
en linhas paralelas tam, tam, finas
que som case umha unilateral.

Ao final vale-me máis
a túa aperta sinceira
nunha manhá neboenta
cá umha noite no muinho
coa lúa chea namoradeira.

De todos os livros que há
na Pedreira, por que
sempre me dam os olhos
nesse que leva os teus
sonhos no frontispício?

Soio me queda apertar-me
ao sorriso solitário que me sae
coma se fose no pórtico o Daniel.
Policromía desgastada a das minhas
meixelas que non sentem já o teu beijo.







quinta-feira, junho 07, 2012

HUMANIDADES

Sexa loucura, o berro, a gargallada.
Sexa o abraio, sexa o terror da noite.
Sexa a morte, xa que é precio da vida.
Sexa a cinsa, xa que é herdo do lume.
Marica Campo



Mentras a roda xira
é sinxelo non sentir
e seguir o empuxón.

-Even it´s easier to make sure
you don´t feel anything-.

A deshumanización
chega ao seu punto
ÁLXIDO
ata
que
cae
en
picado
cal empresario arruinado
no crack do 29 en Wall Street.

E tras a caída na rúa,
tras o choque co muro
quedando sen nada
-a nada que nada-
só nos queda humanizar.

Humanizarnos.

E somos Penélope
que tece e destece.

E somos Marcial
con haikus por epigramas.
-“@ que ten cu ten medo
pero @ que só mira para o seu cu
vai de cu e costa arriba”,
que diría o Leo.

E somos dolce stil nuovo
no Purgatorio de Dante.

E somos Caldeiros grandes
na barca dos soños da vida.
-“Decir que es sueño es engaño:
bien sé que despierto estoy.
¿Yo Segismundo no soy?
Dadme, cielos, desengaños"-.

Somos Humanidá.
Somos Humanidades.

Que nos quedaría pois para
sobrevivir e sobre-levarnos
se non foran as letras,
o sentimento e as historias,
o ti que escribe e o
eu que te leo?

Somos Humanidá.
Somos Humanidades.

Memoria histórica do sentir,
que nos fai latir:
Ser vivo, ser humano.

Humanidades.



N.B.: Revisando o papel das humanidades nesta época de crise absoluta.

terça-feira, junho 05, 2012

Sentado sobre sí


Sentado sobre si mesmo
nun cepo diante da casa
mira as leiras, os eidos todos,
e tece un tesouro coa mirada.
Súas mans retortas polo tempo
seus ollos secos polo vento
súa fronte despexada pola idade.
El abaneado pola historia e súas vainas.

Federico, unha luz brilla en tí
tí sabes que inda somos algo.

Aberto sobre sí alguén o mira
pensa nel un segundo e medio
e conclúe a historia da súa vida.
Foi esto, fixo aquelo, rompeu estoutro.
A este lle a  aquela lle debe 
o primor do seu contento
mais non corresponde como debera.
Non é digno da súa pedra.

Federico, una luz en tí brilla
somos algo que inda tí sabes.

As súas leiras son as brétemas
o seu pan o sol amencido na ribeira
o seu corazón os regos da auga
onde desemboca un boca plantou
as súas vaguidades.
Nada deso permanece neste mundo
hasta a nada polos outros lle é negada.

Federico, ti sabes mellor que ninguén
que non hai nada e da nada somos o imperio.

SKÁRNIO

Hoje susbcrevo-me
amargo sonho vil,
esse que me enganou,
elevou-me ao acantilado
e aló no alto empurrou-me,
dum golpe seco,
ao baleiro.
PLLLLLAF!
HOSTIA!

E alá fum eu de pampa
sem ramalho ao que agarrar-me,
sem pedra contra a que esnafrar-me.
PLLLLLAF!
HOSTIA!


Porque 
nom era ninguém,
nom era nada.
Fora o meu eu 
máis o meu ego
fundidos nun suposto nós.
-E agora na gorja, nós-.
PLLLLLAF!
HOSTIA! 

O meu baleiro enchido por mim,
o meu baleiro, só, esfalcatrueiro,
com tal de nom afundir
para nadar na nada.
Por nadar na nada:
PLLLLLAF!
HOSTIA! 



segunda-feira, junho 04, 2012

NOM SABERIA QUE NOMEM PONHER-LHE...

RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA,
RAIBA

MÁIS
RAIBA.
ÁGUA
COM
SAL.
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA,
RAIBA,
AND
AGAIN
AND
AGAIN.
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA
RAIBA,
RAIBA
E MÁIS
RAIBA.
ÁGUA
COM
SARAIBA:
RAIBA.

N.B.: Sempre se escrebe para alguem.

sábado, junho 02, 2012

Poesia de amor intrínseco e imposíbel II


O meu amor é fero é imposible
eu só quero a quen eu terribelmente soño
e fago poesías para suplir miñas ausencias
en meu peito frío e impenetrado.
O meu amor é ponte de brétemas
Chaira sobre o Cabe para ir á feira
mercar asa de cántaro á Monforte, Sóber.
O meu amor é puramente ficción
é ver o que ninguén quer ver
mirar máis alá das polas da figueira
tocar o verdor das follas súas.
Non se gaña, non se bebe, non se agarra
el simplemente acende, dispara, aparece...
Como a música da orquesta
no San Miguel de Rosende
que en Cima de Vila arrecende,
ou a do Patrón de San Romao de Acedre
voando por Anllo en Sober.
O meu amor é unha especie de arrecastado
el só quere a quen non o rega.

Poesía de amor intrínseco e imposíbel


Onde cae unha nube de vapor
Onde soben as de algodón
Onde mollan as palmas das mans
e secan os beizos con sal.
Es coma unha nube, ilusoria,
Non te deixas abrazar
nin queres ser cama nin colchón.
As arelas dos namorados de amor
teces e desteces sen compaixón.
Aquí, sentados a mirar aos carros pasar
é máis fácil perder os ollos cara o teu carón
aterecer co frío nestes días de calor.
Pero ti es pura toda nube de vapor
en ti todo o atravesa e nada permanece.
Os invitados a esta festa só beben
Os bailes desta música son sós e románticos
cun mesmo tal artista devorando partes de sí
desde cataratas ou mesmo acantilados.
Non valen pois os versos sen raios e circuncisión.

sexta-feira, junho 01, 2012

MAIO I





Maio que foi aló.
Maio que começou
en noites de aben-
çoada água lizgaira,
nom deixes os meus olhos
cegos das túas flores, do
teu verdor, do río que fluiu.

Esperarei deica o Maio
próximo se for preciso,
rebulirei nas túas nubens
cinzando a minha ialma
das túas arroutadas...

Mais trae-me o sol que um
día alumeou na túa verba,
que incendiou a minha estrela,
que me fixo sentir-me e
ver-te no reflexo do luar.

Maio das mapoulas belidas,
vermelhas pacendo na leira,
do amor, adormideiras, filtro
de pétalo mágico: prima-beira.



MAIO II




 Non importa agardarei
polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía...
Ela fía i eu confío
no albor do novo día. 
C.E. FERREIRO


Maio dos maios 
na rúa de S. Pedro,
maio das xestas,
das margaridas.
Leiras, ribeiras 
e muinheiras.

Maio das letras,
dos antianiversarios,
dos versus atopados
e dos enriçados...

Maio de aquelas
engaioladas, das hortas,
das norias, nós, liberadas.

Maio da ruada no Rúa,
do acordeóm que brúa,
da túa foliada que se insinúa.

Maio do sudor, do temor,
do albor, da fiada na roca,
do teu fuso tangidor pra
facer tudo maçaroca.