Pesquisar este blog

Mostrando postagens com marcador Sempre se escreve para alguém. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Sempre se escreve para alguém. Mostrar todas as postagens

quarta-feira, julho 25, 2012

Non o entendes, cantano as túas orellas

Non agardes nada dos beizos
que conscientemente están selados
das palabras que son ditas
mentres se pronuncia tamén silenzo
e os ollos te miran con esperpento.
Agora o comprendo, néboa,
"tú. no lo comprendes, lo cantas tús orejas"


Mantenete só, alto na túa torre,
nunca digas nada que te comprometa
nin nada que non deba dicirse
porque todos saben a verdade
que sómente aínda tí descoñecías
deica que leas esta poesía.
Quizás sexa nunca, Quizás sexa...
el tabaco inocente, tonto, de tú mirada.



"Wait for it, it's tired and it's true
Wait for it, it's all she ever knew"







domingo, junho 10, 2012

FAME




A única fame que nunca
passei foi a do coraçom.
Tuda a vida piando polo
pao untado em doce
que nunca saciava
e agora descubro que
há fames máis negras.
E a do estómago baleiro
nom o era nada pouco.

Marcharom os carros
que traiam alimento
e os seus guias, já
lá riba no firmamento.
Xalundes...

Agora, hoje, as estrelas
que traiam doçura coa
chuva nocturna da praça
desligam entendementos
en acto de lealdade alheia
porventura, nom sei eu,
se calhar contra da própia.

O único que abofé ganho de
estar tuda baleira por dentro,
sem rancores, culpas ou odios
só por amor, para calquer ti,
é que modelo lentes mágicas
a medida do que quero.
Já quixeram outros...

E co passo dos anos, sim, e
co estómago decote cheio,
o que máis quero encher
é aquel outro baldeirao baleiro.

terça-feira, junho 05, 2012

SKÁRNIO

Hoje susbcrevo-me
amargo sonho vil,
esse que me enganou,
elevou-me ao acantilado
e aló no alto empurrou-me,
dum golpe seco,
ao baleiro.
PLLLLLAF!
HOSTIA!

E alá fum eu de pampa
sem ramalho ao que agarrar-me,
sem pedra contra a que esnafrar-me.
PLLLLLAF!
HOSTIA!


Porque 
nom era ninguém,
nom era nada.
Fora o meu eu 
máis o meu ego
fundidos nun suposto nós.
-E agora na gorja, nós-.
PLLLLLAF!
HOSTIA! 

O meu baleiro enchido por mim,
o meu baleiro, só, esfalcatrueiro,
com tal de nom afundir
para nadar na nada.
Por nadar na nada:
PLLLLLAF!
HOSTIA!