Pesquisar este blog

domingo, março 28, 2010

Persiste o muíño da memoria
no murmurio da verdade silenciada
no ronsel do desexo calado polo tempo
nos gritos de estoica paciencia cívica


Persiste a alteridade do odio
sementada en faíscas de ignorancia

Persiste a digna rabia da recta razón

Persiste a persistencia

Persiste a lingua das mil primaveras

Persiste o pensar que empurra
dende a vontade de luz

Persiste a comunidade negada
polos sementadores de odio

Persiste, persiste o eterno retorno
do recoñecemento imposíbel

Persiste, persistirá, a conquista do ser
a pesares da diáspora
a pesares do exilio
a pesares do auto-odio

A forza do noso amor é eterna


quarta-feira, março 24, 2010

Sentida adicatoria á igrexa en xeral e ao arzobispo de Granada en particular

Desgraza de baixas paixóns. O puritanismo dáme tanto noxo coma a eles a miña sexualidade berrada. Eu non che poño unha cota de fillos, non me obrigues a min a telos. Mentiras vosas, reprimidos sentimentos cheos de xenreira para quen non sente a culpa.
Os vosos pesadelos son todas as miñas noites, xadeantes de felacións e orgasmos.

Palabras de silencio
Negación da naturalidade.
Contra-natura: OS VOSOS PENSAMENTOS.

domingo, março 21, 2010

21 de Março: Dia Internacional da poesia

A LEGÍTIMA DEFESA
"Para vós carrascos
o perdom nom tem nome.
A justiça vai soar
o sangue das vidas caídas
nos matos da morte clamando justiça.
É a chama da humanidade
cantando a esperança
num mundo sem peias
onde a liberdade
é a pátria dos homens", Alda do Espírito Santo em É o nosso solo sagrado
da terra.


EMBOSCADA
"O dia estranhamente frio
o tempo estranhamente lento
a vegetaçom estranhamente densa
a estrada estranhamente clara
todos estranhamente mudos
placados e estranhamente à espera.

Um tiro
e as rajadas uns segundos
até que estranhamente duro
o silêncio comandou de novo os movimentos.

Talvez fossem homens bons os que caíram
mas cumpriam estranhamente o crime
de assassinar a pátria alheia que pisavam", Costa Andrade em Poesia com armas.

"Após o ardor da reconquista
nom caírom manás sobre os nossos campos
e na dura travessia do deserto
apreendemos que a terra prometida era aqui
ainda aqui e sempre aqui.
Duas ilhas indómitas a desbravar
o padrom a ser erguido pola nudez insepulta dos nossos punhos", Conceiçao Lima em Descoberta.

O PELINOPINO
Na esgrevia penedia, ternprs -da soedade,
Onde chora a panlasma divina da saudade,
Potros nornoÉ ooteiros delia n,aina for~teIa
Con soar de psalterio e refulxir d’estrela.
O probe pehogrino empedrado, desfeito,
(Un corpoque non lembra a quenlura do lene,
E na y-alma aniñadas as arelas da espranza)
~ZMcara penedfa con firme seguranza.
No ~artochán labrego hai lugares dabondo,
Quéimase na lareira a reumacon estrondo,
Corre escumoso o viño 1-otranco pan da lara
Preside a limpa mesa en compaña da xerra.
lial leito, lome, aceugo; o probe pelingrino
tNós.

quinta-feira, março 18, 2010

Projecto de Edição

Fai-se umha chamada para que todos aqueles membros e lectores do Desmembro que o desejem entrem a participar na publicaçom dumha obra com escritos nossos ja sejam publicados aqui no desmembro ou nom. Ademáis abre-se a possibilidade para que também participem neste projecto persoas alheias ó blogue mas que gostariam de participar. Cabe recordar que este é um blogue livre e que acolhe a quem nele queira participar, por isso se queredes formar parte do blogue e escrever nele só tedes que pedi-lo: assi de singelo.

Para apontar-se neste projecto e devater sobre ele faze-lo nos comentários desta entrada.

Como moi tarde a finais de abril havería que ter establecida umha data para reunimor-nos e achegar cada um os materiais que quere publicar, orde dos mesmos, título, etc.

Maio: posta em conjunto de todos os materiais num pdf e encaminhá-los a editora que decidamos nessa reuniom. Correcçom dos textos, elaborar um limiar ou pedir a alguém que no-lo elabore, etc.

Como no desmembro participam persoas doutros continentes, aqueles que de fora da Galiza queiram participar faram-o a través do correio-e e nas reunións que se fagam platejaram-se as súas achegas, propostas, objecçons, etc.

A partir de Junho: aguardar resposta da editora e já iremos vendo.


Tedes a palavra.

quarta-feira, março 10, 2010

Egolatrías IX

Húmida, a miña vulva fálache.
Fai un reclamo de ti.
Chamada silenciosa pero atraínte.

Comín a comida da túa boca,
parín lascivia unha e outra vez:
Anxo e Demo dos meus sentimentos,
placer único, plurilingüismo xenital.

Agardeite outra noite
benbendo a lúa desesperada.
Nacín unha vez máis e morrín sen remedio
e odieite e ameite e fuxín.
Un somnífero de apatía reverteu.
Sensación de soidade
Xa non te esperaba
Apareciches.

Como luvas de luxuria...
...o pracer coma vestido.

terça-feira, março 02, 2010

Diáspora

Lavaba os pratos na cociña
ollando a rúa baleira

Mamá fitábame con mirada interrogante
preguntando o ser da mirada ausente

-Mamá, vanse todos....

-Deixa, fillo, deixa. Xa volverán.

Daquela comezei a escoitar
os latexos da terra

Silencio


Silencio, fala o poder

Primeiro obxectivo : sementar medo

Silencio, fala o poder

Segundo obxectivo : producir odio

Silencio, fala o poder

Terceiro obxectivo : silenciar conciencias

Silencio, fala o poder

Cuarto obxectivo : agochar linguas

Silencio, fala o poder

Quinto obxectivo : invención do inimigo

Silencio, fala o poder

Sexto obxectivo : imposición da perspectiva

Silencio, fala o poder

Séptimo obxectivo : crear fronteiras

Silencio, fala o poder

Oitavo obxectivo : dividir e vencer

Silencio, fala o poder

Noveno obxectivo : asasinar o principio esperanza

Silencio, fala o poder

Décimo obxectivo : vontade de tánatos

Silencio, fala o poder

Undécimo obxectivo : construcción do prexuízo

Silencio, fala o poder

último obxectivo : Silencio, silencio, silencio...

-

Vai tranquilo e camiña despacio
que o fulgor da xusta beleza
só é accesible ás almas limpas

Vai tranquilo e cura
o perenne desacougo
do desexo frustrado

Vai, vai tranquilo e deixa que corran
ti buscas a luz da honesta firmeza
eles o aplauso estéril da ignorancia

Vai, vai tranquilo
é mellor morrer
no silencio anónimo
das futuras verdades

En Harlem

Foi en Harlem

O home de rólex e garavata
pousou a taza de café
e fitoume coa mirada

¿guat time is it?

Oh, uh.. It's a jalf pas tuenti

Silencio. Ollos grandes e perplexos

¿Da terra Cha?

Re-existir

A rabia do non ser :
perenne desacougo
da universalidade negada

O exilio colectivo
do autoodio :
contaxiosa endofobia
para naufragos

O titánico esforzo
da rabia razoada :
loita arreo
contra a semente
do odio

Dentro e fora :
delirio colectivo
das linguas-fronteira

Dentro e fora :
constante ir e vir
de diáspora perpetua

Existir

Re-existir

Resistir

Volta a empezar de novo

Liberador suspiro
de cívica constancia
no autoexilio perpetuo