Pesquisar este blog

terça-feira, julho 31, 2012

TALA NO MONTE SEGADE


Descapotábel o Segade sen pinos
parece novo horizonte que se asoma,
día claro, sen nubes. Con novas vontades.
Coa falta de sombras nas que acobillarse,
todos os que baixo ela se protexían
pode que descobran o albor dun novo día
no que os recortes fosen só
"conditio sine qua non"
polas linhas de alta tensión,
e non deforestación sen ton nen son
en mans de políticos que asoballan
o pinheiral que nós, pobo, somos.

MULHERES, HOMES, TRADIÇOM E AMOR

Nom posso rejeitar
o sangue da minha sangue,
nom som quem de odiar
cando co café a carta do menú
incluía recolhida de léxico.
Som só amor, do bo e do mao.

A construçom tradicional garda
sabios segredos, homes e mulheres
que se querem, a súa terra, entre eles.
TamBém as mulheres nos amamos e
os homes tenhem sentimentos a flor de pel.

O futuro caminha por aí,
para abrir galerias transparentes
nas cortes nas que antes havía
umha pequeninha xanela,
com umha única condiçom:
saber de onde vimos pra saber
a onde queremos ir.
Por iso é sabia i é bo conhecela,
a tradiçom.