Pesquisar este blog

quinta-feira, fevereiro 23, 2012

Soñai, soñai...!

"Seica somos pr'esto
e señamolo pois
mais... 
sin tender pontes en demasía longas
unha ponte... há chegar xusto,
dunha beira autra!
na que... se recoñeza a cara dun home"

Uxío Novoneyra, Galiza Teima Viva.

Se te aburres búscame 
en Cima de Vila
aqui estou deitado 
no soutiño vendo soñar
ás follas de outono c
o verdor da primavera.

No meu peito quero gardar 
a voz da ponte de areas 
a soñar dunha beira autra con recoñecer
a cara dun ninguén, coma quen dí,
o labrego vello que cava mornamente
unha terra brava e mansa, agradecida.

Se queres soñar comigo
escoita ao tren rumbo a monforte
e ao río pasar cara peares
alí, alguén, agarda tecendo cinzas
pola nosa rosa dos ventos
polo noso amor adoecido
polos bicos que inda non lles demos
aos que amamos, os que nos valeron (papá)
os que constrúen esta historia dos bos
e xenerosos.

Cepas ho! da ribeira, estacas atarecidas
enclavadas por maos que as chantaron
rexas e ergueitas tal frontes quentes
e bocas suspirantes.
Como se foramos nós
de sermos que somos irmao,
Grande irmao boa xente
falando deica o mencer
mentres alguén se limpa ca mao.

Se ves a Cima de Vila
hai aquí unha cea de matanza 
e unha partida a agardarte...
Soños de home novo
a agardar... nas follas de outono.

A meus irmaos César Carvalhude e Inma Castro, que celebran a esta hora o seu aniversário en Compostela. Vaia para eles este pequeno agasallo. Umha aperta!

sábado, fevereiro 11, 2012

TROQUEUS

Som pessoa
Nada’em lama, sangue, pernas.
Som pequena
Imagino-m’alta’e grande.
Som de carne
Feito d’osso’o meu caroço.
Som mortal
E nem hei deixar semente.
Somos muitas
Mesmo’após morrerem tantas.
Somos filhas
Dessas nais e’avós que parem.
Somos nais
Dessas filhas que parimos
Somos fortes
Feitas duras à pancada.
Somos nós
Se soubermos quem nós somos.

segunda-feira, fevereiro 06, 2012

Alitosis

Eu quero verche os olhos 
quando abre-la boca e nom posses
dizer-me que me queres,
essa mentira vanagloriossa
que inventou um cura.
No fregadoiro entre a vaixela
ou entre os piñeiros lha herva.
Quero que falar nom poidas
enganar-me nom mais que só fale
o teu alento e a túa força
apretando-me ao coitelo da minha espranza.
Que soio túas unlhas me lembrem
que máis alá desse momento 
existe algo que chamamos sentimento.
Quero fazer um anjo celeste 
mas nom o quero pra os soio somente
em si mesmos se centram
quero ver como tí o moldeas
sentir-cho crear com as maos entre o barro.
Eu quero roubar-che o alento
quando a boca abres pra solta-la vida
saber que nesse intre já nao podes contar mentiras.

quinta-feira, fevereiro 02, 2012

A ponte das brétemas

As rúas molhadas hoje
onte estavam geladas
passou-se dum estado ao outro
como passam já
neste ¿novo/velho? tempo
as primaveras de verão a outono.
Quem sabe quando as folhas caiam
quem as varrera?
Ou quem irá ao monte
busca-las jestas pra fazer vassoira.
Como voam as brujas
eu quixera voar dumha beira
autra beira dalá
de Pantom a Sober
e voltar. Esquecer-me
De que há que viver em conformidá.
Viver selvagem,
javaril que foça
nos lameiros do batam.
Quem poeta for,
o poeta pode sonhar.