Pesquisar este blog

Mostrando postagens com marcador Ao amores que amo cada día. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Ao amores que amo cada día. Mostrar todas as postagens

quarta-feira, julho 25, 2012

Non o entendes, cantano as túas orellas

Non agardes nada dos beizos
que conscientemente están selados
das palabras que son ditas
mentres se pronuncia tamén silenzo
e os ollos te miran con esperpento.
Agora o comprendo, néboa,
"tú. no lo comprendes, lo cantas tús orejas"


Mantenete só, alto na túa torre,
nunca digas nada que te comprometa
nin nada que non deba dicirse
porque todos saben a verdade
que sómente aínda tí descoñecías
deica que leas esta poesía.
Quizás sexa nunca, Quizás sexa...
el tabaco inocente, tonto, de tú mirada.



"Wait for it, it's tired and it's true
Wait for it, it's all she ever knew"







quinta-feira, maio 31, 2012

A paso ceibo


Poñamos a andar a primavera
as herbas todas a medrar
entre beiras llo medio do camiño
soñemos que as cirdeiras enroxecen
de amor ou de vergoña verde
oliva revolucionaria e azul celeste.

O camiño que divide Cima de Vila en dúas parróquias,
Santiago de Cangas e San Romao de Acedre.

segunda-feira, maio 21, 2012

Pécora vida

"Mas se és tu que a procuras,
foguete potentíssimo
impelir-te só pode."
Ricardo Carvalho Calero, Reticencias (1990)



Dessapareço
vou-me
nom me esperes
este lugar nom é meu
a ele eu nom pertenço.

Arramplo com todo
caixas de cartom 
recolho os meus pedaços
de tempo e retorno
o lugar de onde volvo
que ali m'esperam 
os elementos
lha morte minha algum dia
nom eterna com'esta vida.

Nom quero viver
em circulos concénctricos
soio no lineal do tempo cara o inferno.
Soio esperando o que nom chega.



segunda-feira, março 12, 2012

"Os ollos coas mans, sen disimular"

Houbo un tempo que se pechabas os ollos e non mirabas para ningures o mundo desaparecía o teu redor e non ficaba ninguén máis excepto ti. Envolvíaste nalgo que nin sequera ti podías ver pois o abrilos o mundo voltaba a recompeñerse, o caos. Eso que así o denominaron os antigos gregos e que en verbas de Anta é indescifrábel, inimaxinábel, inconcebíbel e moitas máis desas palabras que non servirían rematadas en -bel. Co paso dos amenceres dourados e as estalactitas nos buratos abertos da terra a maxia indescribibel para estes tempos de testimuños escritos foise extinguindo á vez que o facían os seus posuidores, á vez que ían camiñando detras do tiro e sentándose para participar da grande hecatombe, da procesión dos inmortais cara o Santo Andrés de Teixido. E ao fechalos ollos ou poñerlle as mans por diante o mundo foi desaparecendo cada vez menos deica que un día ficou alí a observalo todo. Aquel día case ninguén se decatou da mudanza e os viandantes das rúas occidentais esqueceronse de ver, ficaron cegos e encerrados no seu propio manicomio.

Só ficou aquela historia na mente dos poetas, nos seus boligrafos bic aliñados en cadea coma os chopos e biduieiros que foron matematicamente prantados en ringleira. Quizáis algún día volva aquí aquel silenzo ignoto, aquel bater de ás tralo paso do sol do amencer, ese cruceiro do sul soñado cara a arxentina a bordo dun barco... Quizáis cando se extingan os homes e fiquen só os nenos poidamos pechalos ollos e saber, que detras das pestanas o mundo desaparece.

segunda-feira, fevereiro 06, 2012

Alitosis

Eu quero verche os olhos 
quando abre-la boca e nom posses
dizer-me que me queres,
essa mentira vanagloriossa
que inventou um cura.
No fregadoiro entre a vaixela
ou entre os piñeiros lha herva.
Quero que falar nom poidas
enganar-me nom mais que só fale
o teu alento e a túa força
apretando-me ao coitelo da minha espranza.
Que soio túas unlhas me lembrem
que máis alá desse momento 
existe algo que chamamos sentimento.
Quero fazer um anjo celeste 
mas nom o quero pra os soio somente
em si mesmos se centram
quero ver como tí o moldeas
sentir-cho crear com as maos entre o barro.
Eu quero roubar-che o alento
quando a boca abres pra solta-la vida
saber que nesse intre já nao podes contar mentiras.