Pesquisar este blog

terça-feira, fevereiro 09, 2010

Egolatrías VIII

Os teus xemidos:
MÚSICA
As túas mentiras:
vacina contra o meu amor.

Ataquei o mundo puritano con impertinencias
non preciso comprensión
só respecto.
Se me atacades contraatacarei
cos peitos nús nos vosos enterros.
Recordade:
só me defendo dunha labazada inmerecida.

Quito a roupa só para que te deleites
non podes tocarme
excítaste.
O bico do peito, para ti néctar.
É a lúa de Verne
unha e outra vez descuberta.

3 comentários:

AFP disse...

Gostei deste teu poema, a verdade e que entre todas e todos estamos a construir umha bitácora bem jeitosa. Animo-te a que convides a participar aqui a mais pessoas, para seja o mais plural e dinámico possível. Umha aperta

Anônimo disse...

Encantou-me o poema. Todos necesitamos de respecto, e contraataquemos pois cos peitos nús nos seus enterros!

Saúdos!

Bolboreteira disse...

Fermoso! Moi visceral!
Biquiños!