Pesquisar este blog

terça-feira, agosto 28, 2012

UN PASO ADIANTE E OUTRO ATRÁS, GALIZA


Mundo tolo,
xente con lentes de sol
sen querer tiralas.
Non ver as tormentas
telón da escuridade que nós permitimos.

Mundo tolo.

Axudemos a buscar explicación,
atopando o sentido deste mutismo,
sabendo das causas
proporemos así solucións.

Mundo tolo.

Que venda tapa seus luceiros
cando podemos mirar a ceo aberto?
Non podemos ficar caladas
mentres hai companheiras
ás que llo fan estar.
Non.
Non é lícito,
Por elas, fagámolo.

Berrade comigo: Liberdade!

Mundo tolo.

Non somos libres,
ningunha.
Mais se miro arriba,
estrela, unha pequeninha, podo albiscar.

Elas non.
Nengunha.
A cela tapa o ceo.
Nen hai celosía posíbel.
Paréceche xusto?

Mundo tolo.

Por iso queremos loitar,
abrir ollos durmintes,
facer espabilar.

Axudemos a espertar agora,
virá dado após o sono mol.

Mundo tolo.

Nenhum comentário: