Pesquisar este blog

domingo, agosto 18, 2013

ABC DA VIDA

Nunha malla, na praia, nun parque...
En calquera lugar no que as letras se fan VIDA.

Sabía o abecedario
da primeira á última letra,
grandes e minúsculas
con boa letra ou cacográfica.
Ensináranllo de cativa
e ela aprendeuno tan ben
que máis alá de só repetilo,
encarnárao. Letanía.

Rosario de letras o seu nome curto
-case que tanto inapreciábel-,
gravado numha cadeia dourada.

ABC da outra vida.

AMA destoutra.

O novo formato era ben distinto
aínda sendo o mesmo.
As letras corríanse en desorde
de tras pra diante e a saltos
na orde perfecta que ela lle saíse
en cada preciso momento.
Alfabeto crocante de vitalidade.

E con cunchas gravou no areal
a verba que estaba por riba das outras
contra vento e marea,
con sol e lúa: AMOR.
O adxacente "Á HUMANIDE"
non cumpría escribilo,
bastaba erguer a vista
e cruzar miradas cos ollos da ialma,
momento no que o abecedario
deixaba de ser letras sen máis
pra ser entón VIDA, LIBERDADE...
...AMOR de/a VERDADE.



Um comentário:

Anônimo disse...

AMAR en sentido amplo, esa é a clave da LIBERDADE :)