Pesquisar este blog

quinta-feira, março 18, 2010

Projecto de Edição

Fai-se umha chamada para que todos aqueles membros e lectores do Desmembro que o desejem entrem a participar na publicaçom dumha obra com escritos nossos ja sejam publicados aqui no desmembro ou nom. Ademáis abre-se a possibilidade para que também participem neste projecto persoas alheias ó blogue mas que gostariam de participar. Cabe recordar que este é um blogue livre e que acolhe a quem nele queira participar, por isso se queredes formar parte do blogue e escrever nele só tedes que pedi-lo: assi de singelo.

Para apontar-se neste projecto e devater sobre ele faze-lo nos comentários desta entrada.

Como moi tarde a finais de abril havería que ter establecida umha data para reunimor-nos e achegar cada um os materiais que quere publicar, orde dos mesmos, título, etc.

Maio: posta em conjunto de todos os materiais num pdf e encaminhá-los a editora que decidamos nessa reuniom. Correcçom dos textos, elaborar um limiar ou pedir a alguém que no-lo elabore, etc.

Como no desmembro participam persoas doutros continentes, aqueles que de fora da Galiza queiram participar faram-o a través do correio-e e nas reunións que se fagam platejaram-se as súas achegas, propostas, objecçons, etc.

A partir de Junho: aguardar resposta da editora e já iremos vendo.


Tedes a palavra.

quarta-feira, março 10, 2010

Egolatrías IX

Húmida, a miña vulva fálache.
Fai un reclamo de ti.
Chamada silenciosa pero atraínte.

Comín a comida da túa boca,
parín lascivia unha e outra vez:
Anxo e Demo dos meus sentimentos,
placer único, plurilingüismo xenital.

Agardeite outra noite
benbendo a lúa desesperada.
Nacín unha vez máis e morrín sen remedio
e odieite e ameite e fuxín.
Un somnífero de apatía reverteu.
Sensación de soidade
Xa non te esperaba
Apareciches.

Como luvas de luxuria...
...o pracer coma vestido.

terça-feira, março 02, 2010

Diáspora

Lavaba os pratos na cociña
ollando a rúa baleira

Mamá fitábame con mirada interrogante
preguntando o ser da mirada ausente

-Mamá, vanse todos....

-Deixa, fillo, deixa. Xa volverán.

Daquela comezei a escoitar
os latexos da terra

Silencio


Silencio, fala o poder

Primeiro obxectivo : sementar medo

Silencio, fala o poder

Segundo obxectivo : producir odio

Silencio, fala o poder

Terceiro obxectivo : silenciar conciencias

Silencio, fala o poder

Cuarto obxectivo : agochar linguas

Silencio, fala o poder

Quinto obxectivo : invención do inimigo

Silencio, fala o poder

Sexto obxectivo : imposición da perspectiva

Silencio, fala o poder

Séptimo obxectivo : crear fronteiras

Silencio, fala o poder

Oitavo obxectivo : dividir e vencer

Silencio, fala o poder

Noveno obxectivo : asasinar o principio esperanza

Silencio, fala o poder

Décimo obxectivo : vontade de tánatos

Silencio, fala o poder

Undécimo obxectivo : construcción do prexuízo

Silencio, fala o poder

último obxectivo : Silencio, silencio, silencio...

-

Vai tranquilo e camiña despacio
que o fulgor da xusta beleza
só é accesible ás almas limpas

Vai tranquilo e cura
o perenne desacougo
do desexo frustrado

Vai, vai tranquilo e deixa que corran
ti buscas a luz da honesta firmeza
eles o aplauso estéril da ignorancia

Vai, vai tranquilo
é mellor morrer
no silencio anónimo
das futuras verdades

En Harlem

Foi en Harlem

O home de rólex e garavata
pousou a taza de café
e fitoume coa mirada

¿guat time is it?

Oh, uh.. It's a jalf pas tuenti

Silencio. Ollos grandes e perplexos

¿Da terra Cha?

Re-existir

A rabia do non ser :
perenne desacougo
da universalidade negada

O exilio colectivo
do autoodio :
contaxiosa endofobia
para naufragos

O titánico esforzo
da rabia razoada :
loita arreo
contra a semente
do odio

Dentro e fora :
delirio colectivo
das linguas-fronteira

Dentro e fora :
constante ir e vir
de diáspora perpetua

Existir

Re-existir

Resistir

Volta a empezar de novo

Liberador suspiro
de cívica constancia
no autoexilio perpetuo